...

O QUE SOMOS

Humanos e animais fusiónanse cada ano na Marosa co mar e coa música para asistir ao Festival Osa do Mar. O ano pasado algúns medios de comuniación definírono como “posiblemente o festival máis raro de Galiza”. Non sabemos que pensará de esto a nosa Osa do Mar mais seguramente se mostre orgullosa cando saia do seu letargo invernal nas Tetas da Brincoleira. Na primavera comezará a alimentarse co peixe do Cantábrico para chegar vigorosa á fin de semana do 18 e 19 de agosto. O Osa do Mar é un festival de música na Mariña de Lugo (en Burela, na zona da praia da Marosa). É complicado identificar un estilo predominante e as bandas (seleccionadas con moito cariño) móvense entre o rock, pop, rap e outras propostas para conformar un cartaz diferente e que lle encantará a calquer persoa que lle guste a música en directo. Este 2017 encara unha ilusionante IV edición con uns ingredientes espectaculares:

- Música: máis de 15 bandas de diferentes estilos.
- A Mariña de Lugo: Burela está no centro de unha comarca espectacular que merece a pena coñecer.
- Entorno e ambiente: a zona da Marosa co recinto do festival, a praia e o paseo que a une con Burela e o ambiente que cada ano emerxe nun festival pequeno e elaborado claramente sen ánimo de lucro.
- Actividades: é unha fin de semana de festa completa con actividades para todos como as destinadas para as nenas e nenos ou a Sesión Bearmú por Burela.

E Fanto Fantini, que é?
A Asociación Cultural Fanto Fantini nacía no ano 2014 e aínda non sabemos moi ben o por que. Xuntáronse unha serie de variábeis para que un grupúsculo comezáramos a falar, largar liñas de ideas e comezar a materializalas con ilusión e traballo.
A razón de ser foi sempre organizar eventos e actividades culturais e deportivas en Burela e axudar nas que xa tiñan un longo percorrido. Comezamos forte e metímonos en todo o que se nos foi ocurrindo e onde nos demandaron colaboración para co paso dos anos centrarnos en dous eventos centrais (o Festival Osa do Mar e as Carreiras Solidarias Alas de Vida) e algunha outra actividade de menor embergadura.
O nome de Fanto Fantini sae dunha persoaxe de Cunqueiro que representa para nós unha forma un tanto diferente de facer as cousas escapándose das prisións actuais como el facía das prisións da Italia renacentista.
A Asociación, con un marcado carácter sen ánimo de lucro, conta con unha directiva estable que leva o peso as iniciativas e unha ampla rede de colaboradores (sobre 50 persoas) que fan posíbel a realización dos proxectos.

ONDE ESTAMOS

Burela, A Mariña Lucense

<
...
...